En la brecha
Ficha técnica | |
---|---|
Título orixinal | En la brecha |
Director | Ramón Quadreny |
Produtor | Sindicato da Industria do Espectáculo de Barcelona - CNT |
Guión | Carlos Martínez Baena e Ramón Oliveras |
Intérpretes | María Alcaide, Joaquín Pujol |
Fotografía | José de la Mata |
Montaxe | Antonio Cánovas |
Estrea | 1937 |
Duración | 17 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Político |
Na rede | |
En la brecha é unha curtametraxe política de 1937 producida pola Industria do Espectáculo de Barcelona colectivizada pola CNT, e dirixida por Ramón Quadreny. Está rodada en lingua castelá.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Preséntase unha xornada laboral nunha fábrica téxtil catalá colectivizada durante a Revolución Española de 1936 polo sindicato anarquista CNT, presentando accións frecuentes do momento, con numerosas alegorías, para destacar o anarcosindicalismo.
- Un traballador dunha empresa colectivizada diríxese a un comité para comentar que no taller onde traballa non existe delegado e recibe asesoramento.
- Un delegado dunha empresa comunica a baixa por enfermidade dunha traballadora.
- Vense distintos vehículos colectivizados por sindicatos (algúns deles en conxunto coa UXT).
- O delegado diríxese a un taller téxtil onde se ven numerosas mulleres traballando.
- O delegado come coa súa familia.
- Un grupo de obreiros fai instrución militar.
- Outro grupo de obreiros fachéndase do acadado mediante a revolución e da transformación da sociedade en Cataluña.
- Vese unha aula na que unhas mulleres aprenden matemáticas aplicadas á economía familiar.
- Aparecen diversos planos de operarios traballando.
- Reunión duns obreiros discutindo acerca da produción. A través dunha analepse vese unha escena da mesma sala de reunións no ano anterior, cun propietario burgués con pose de suficiencia sobre os seus traballadores dando ordes e insinuándose a unha secretaria. Vólvese á reunión do presente cos obreiros propoñendo a creación dunha biblioteca científica. Despois coméntase que a situación dos obreiros que están no Exército Popular é transitoria, e que as súas enerxías deben empregarse nos talleres e non nos cuarteis.
- A curtametraxe remata cun plano no que aparecen chemineas industriais xunto a un miliciano armado mentres soan os acordes do himno A las barricadas.
Licenza[editar | editar a fonte]
A curtametraxe conta coa seguinte licenza:
Esta película es propiedad de la Confederación Nacional del Trabajo, C.N.T. Todos los derechos reservados a la Confederación Nacional del Trabajo. Se permite sin ánimo de lucro: La reproducción, carga, presentación, ejecución, transmisión y distribución pública de este documental. Se prohíbe, sin el permiso por escrito de la C.N.T.: La ingeniería inversa, traducción, adaptación, arreglo o cualquier otra transformación del documental y la reproducción de los resultados de tales actos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- En la brecha, ficheiro MPEG (en castelán).
- artigo sobre a curtametraxe no blog Cine Político (en castelán).