Eleccións parlamentarias de Chile de 1949
Eleccións parlamentarias de Chile de 1949 | |
---|---|
← 1945 1953 (en) → | |
Data | 6 de marzo de 1949 |
Tipo | eleccións parlamentarias de Chile |
Cargo elixido | deputado de Chile |
Resultado da votación | |
As eleccións xerais de Chile de 1949 celebráronse o 13 de marzo. Elixíronse 147 deputados e renováronse 20 dos 45 senadores. As anteriores eleccións foran en 1945 e as posteriores foron en 1953.
O FRAS, ou Falanxe Radical Agrario Socialista, un dos varios conglomerados de oposición ao goberno radical, logrou asegurar unha maioría, representando máis ou menos o 25% do Congreso Nacional, en ambas as cámaras, converténdose nunha coalición próspera electoralmente.
O Partido Comunista de Chile mantivo a súa clandestinidade e non adoptou nestas eleccións o nome de Partido Progresista Nacional, aínda que presentou algúns candidatos a nome do Partido Socialista, sen resultar electos.
Eleccións á Cámara dos Deputados[editar | editar a fonte]
Pacto | Siglas | Número de votos | Porcentaxe | Deputados electos | |
Partido Radical | PR | 100.869 | 21,52% | 35 | |
Partido Socialista Popular | PSP | 22.631 | 4.82% | 6 | |
Partido Democrático do Pobo | PDP | 8.536 | 1,82% | 1 | |
Acción Renovadora de Chile | AR | 4.424 | 0,94% | 1 | |
Partido Radical Doutrinario | PRDo | 1.985 | 0,42% | 0 | |
Falanxe Nacional | FN | 18.221 | 3,88% | 3 | |
Partido Radical Democrático | PRDe | 23.248 | 4,96% | 6 | |
Partido Agrario Laborista | PAL | 38.742 | 8,26% | 14 | |
Partido Socialista | PS | 15.676 | 3,34% | 5 | |
Partido Socialista Auténtico | PSA | 5.125 | 1,09% | 2 | |
Partido Conservador | PC | 83.582 | 17,83% | 30 | |
Partido Conservador Tradicionalista | PCT | 7.485 | 1,59% | 3 | |
Partido Conservador Social Cristián | PCSC | 1.148 | 0,24% | 0 | |
Partido Liberal | PL | 98.118 | 20,93% | 33 | |
Partido Liberal Progresista | PLP | 6.431 | 1,37% | 2 | |
Partido Democrático | PDo | 20.682 | 4,41% | 6 | |
Movemento Social Cristián | MSC | 2.018 | 0,43% | 0 | |
Partido Demócrata | PDa | 1.994 | 0,42% | 0 | |
Independentes sen pacto | ind. | 2.191 | 0,46% | 0 | |
Nulos e brancos | N / B | 5.504 | 1,17% | ||
Total | 468.610 | 100% | 147 | ||
Poboación total | 5 962 000 | ||||
Total de electores habilitados | 591.994 | ||||
Validamente emitidos | 463.106 | 78,22% | |||
Abstención electoral | 128.888 | 21,78% |
Presidentes da Cámara dos Deputados[editar | editar a fonte]
Inicio | Fin | Presidentes | Partido |
---|---|---|---|
15 de maio de 1949 | 7 de novembro de 1950 | Raúl Brañez Farmer | PR |
15 de maio de 1949 | 15 de maio de 1953 | Astolfo Tapia Moore | PSP |
Lista de deputados 1949-1953[editar | editar a fonte]
(1) Carlos Souper Maturana faleceu o 22 de xaneiro de 1950. Levouse a cabo unha elección complementaria onde triunfou Lisandro Cruz Ponce (PS), vencendo ao seu contrario liberal, Arturo Estay Aravena. Incorporouse á Cámara dos Deputados o 5 de xullo de 1950.
(2) Pedro Cárdenas Núñez faleceu en maio de 1952. Ao restar menos dun ano para o inicio do novo período lexislativo, non correspondeu por norma a elección complementaria, quedando a vacante sen ocupar.
(3) Roberto Bravo Santibáñez faleceu en decembro de 1950. O 24 de abril de 1951 incorporouse no seu posto Ramón Noguera Prieto (PCT), que venceu nas eleccións complementarias onde superou ao socialista, Carlos Venegas.
(4) Lucio Aníbal Concha Molina faleceu o 24 de xuño de 1952. Ao quedar menos dun ano para o inicio do novo período lexislativo, non correspondeu por norma a elección complementaria, ficando a vacante sen ocupar.
(5) Ángel Muñoz García faleceu o 11 de xaneiro de 1951. O 24 de abril de 1951 incorporouse no seu sitio Inés Leonor Enríquez Frödden (PR), a primeira muller parlamentaria de Chile, quen venceu nunha elección complementaria contra Esteban Bedoya (PDN) e Óscar Waiss Band (PSP).
(6) Fernando Maira Castellón foi escolleito Senador o 18 de xullo de 1950. O 25 de outubro de 1950 incorporouse no seu sitio José Ruperto Puga Fisher (PDo), quen venceu nunha elección complementaria ao conservador Zenón Urrutia Manzano e o socialista-popular Salomón Corbalón González.
(7) Carlos Cifuentes Sobarzo faleceu o 2 de decembro de 1950. O 24 de abril de 1951 incorporouse no seu sitio Mariano Puga Vega (PL), quen vencera nunha elección complementaria ao agrario-laborista Tertuliano Trillat e ao democrático Gregorio Fuentealba Orellana.
Eleccións ao Senado[editar | editar a fonte]
Pacto | Sigla | Número de votos | Porcentaxe | Senadores electos | |
Partido Radical | PR | 43.125 | 16,18% | 5 | |
Partido Socialista Popular | PSP | 9.772 | 3,66% | 1 | |
Partido Radical Doutrinario | PRDo | 8.613 | 3,23% | 0 | |
Partido Democrático do Pobo | PDP | 5.728 | 2,14% | 0 | |
Falanxe Nacional | FN | 10.227 | 3,83% | 1 | |
Partido Radical Democrático | PRDe | 10.445 | 3,91% | 1 | |
Partido Agrario Laborista | PAL | 42.230 | 15,84% | 3 | |
Partido Socialista | PS | 6.818 | 2,55% | 0 | |
Partido Socialista Auténtico | PSA | 5.318 | 1,99% | 0 | |
Partido Conservador | PC | 55.825 | 20,94% | 3 | |
Partido Conservador Tradicionalista | PCT | 2.822 | 1,05% | 0 | |
Partido Conservador Social Cristián | PCSC | 1.908 | 0,71% | 0 | |
Partido Liberal | PL | 42.930 | 16,11% | 6 | |
Partido Liberal Progresista | PLP | 6.002 | 2,25% | 0 | |
Partido Democrático | PDo | 9.252 | 3,47% | 0 | |
Partido Demócrata | PDa | 1.290 | 0,48% | 0 | |
Independentes sen pacto | ind | 1.818 | 0,68% | 0 | |
Nulos e brancos | N / B | 2.351 | 0,88% | ||
Total | 266.474 | 100% | 20 | ||
Poboación total | 5 962 000 | ||||
Total de electores habilitados | 316.186 | ||||
Validamente emitidos | 264.123 | 83,53% | |||
Abstención electoral | 52.063 | 16,46% |
Presidentes do Senado[editar | editar a fonte]
Inicio | Fin | Presidentes | Partido |
---|---|---|---|
15 de maio de 1949 | 22 de xuño de 1949 | Humberto Álvarez Suárez | PR |
22 de xuño de 1949 | 6 de setembro de 1950 | Arturo Alessandri Palma | PL |
6 de setembro de 1950 | 15 de maio de 1953 | Fernando Alessandri Rodríguez | PL |
Lista de Senadores 1949-1953[editar | editar a fonte]
As agrupacións provinciais que escollían senadores nesta elección para o período 1949-1957 foron: Atacama e Coquimbo; Santiago; Curicó, Talca, Linares e Maule; e Biobío, Malleco e Cautín.
No cadro de distribución atópanse marcados en celas amarelas aqueles escanos que se escolleron nesta elección. Aquelas provincias que se encontran de cor celeste na lista que a continuación se entrega, corresponden aos senadores do período 1945-1953.
(1) Ángel Custodio Vásquez Galdames substituíu o 11 de febreiro de 1947 a Gabriel González Videla quen foi electo Presidente da República.
(2) O 22 de febreiro de 1950, os senadores Hernan Videla Lira e Pedro Opazo Cousiño comunicáronlle ao Executivo a vacancia do cargo ocupado por Neftalí Reyes Basoalto, por ter permanecido máis dun ano ausente do país sen a autorización competente. O 11 de xullo de 1950 incorporouse ao Senado o electo senador complementario Radomiro Tomic Romero (FN).
(3) Arturo Alessandri Palma faleceu o 24 de agosto de 1950, sendo substituído polo seu xenro, Arturo Matte Larraín (PL), quen se incorporou o 9 de xaneiro de 1951, tras vencer na elección complementaria ao conservador-social-cristián Carlos Vial Espantoso, o radical Rudencindo Ortega Masson, o socialista-popular Tomás Herman Chadwick Valdés e a feminista María de la Cruz Toledo.
(4) Carlos Ibáñez del Campo foi electo Presidente da República o 24 de outubro de 1952, asumindo o mando do país o 3 de novembro do mesmo ano. Incorporouse no seu lugar o 13 de febreiro de 1953 a feminista María de la Cruz Toledo, quen venceu en elección complementaria ao independente Humberto Mewes Bruna e ao conservador-social-cristián José Domínguez Ecnenique.
(5) Diego Francisco Bulnes Correa incorporouse o 22 de outubro de 1947 en substitución do falecido senador Diego Echenique Zegers, que morrera o 6 de agosto de 1947.
(6) Sergio Fernández Larraí incorporouse o 2 de agosto de 1949, tras vencer en elección complementaria ao conservador-social-cristián Francisco Javier Labbe, en substitución do falecido senador Miguel Cruchaga Tocornal, morto o 2 de marzo de 1949.
(7) Alberto Moller Bordeu faleceu o 20 de febreiro de 1950, sendo mudado polo radical Fernando Maira Castellón, quen se incorporou o 19 de xullo de 1950.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Evolución y Funcionamiento del Sistema Político Chileno"; Matías Tagle Domínguez; Ediciones de la Université Catholique de Louvain; Bruxelas, Bélxica; 1982.
- "Historia Política de Chile y su Evolución Electoral desde 1810 a 1992"; Germán Urzúa Valenzuela, Editorial Jurídica de Chile, Santiago, 1992.
- "Chile en el Siglo XX"; Mariana Aylwin Oyarzún, Carlos Bascuñán Edwards, Sofía Correa Sutil, Cristián Gazmuri Riveros, Sol Serrano Pérez, Matías Tagle Domínguez. Editorial Planeta, Santiago, Chile, 1990.