Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983
Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1987 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 8 de maio de 1983 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións á Asemblea de Estremadura | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | deputado da Asemblea de Estremadura | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
As primeiras eleccións á Asemblea de Estremadura tiveron lugar o 8 de maio de 1983, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco. Presentáronse sete candidaturas en total: PSOE, a coalición AP-PDP-UL, CDS (só por Cáceres), PCE, Extremadura Unida, Bloque Popular de Extremadura (só por Cáceres) e a coalición entre PCEU e PCOE (só por Badaxoz). Esta primeira Asemblea tería que elixir o primeiro presidente da Xunta de Estremadura. A presidencia da Xunta preautonómica era ostentada polo socialista Juan Carlos Rodríguez Ibarra.
Cun censo de 786.200 electores, os votantes foron 565.244 (71,9%) e 220.956 as abstencións (28,1%).
Resultados[editar | editar a fonte]
O PSOE obtivo maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta. Ademais do PSOE, só a coalición AP-PDP-UL, Extremadura Unida e o PCE obtiveron representación. Contabilizáronse 2.622 (0,5%) votos en branco.
Resultados[editar | editar a fonte]
Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983 → | |||||||
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | Juan Carlos Rodríguez Ibarra | 296.939 | 53,27 | 35 | ||
AP-PDP-UL | Adolfo Díaz-Ambrona | 168.606 | 30,24 | 20 | |||
Extremadura Unida (EU) | Pedro Cañada | 47.504 | 8,52 | 6 | |||
Partido Comunista de España (PCE) | Manuel Pareja | 36.294 | 6,51 | 4 | |||
Centro Democrático y Social (CDS) | 4.414 | 0,79 | 0 | ||||
Bloque Popular de Extremadura (BPEX) | 2.249 | 0,40 | 0 | ||||
Partido Comunista Obrero Español-Partido Comunista de España Unificado (PCOE-PCEU) | 569 | 0,06 | 0 | ||||
En branco | N/A | 2.622 | 0,5 | N/A | N/A | ||
Nulos | N/A | N/A | N/A |