El Miñor
El Miñor | |
---|---|
Fundación | 1904 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Baiona |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Miñor foi un semanario editado en Baiona entre 1904 e 1911.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 26 de novembro de 1904. Editábase os sábados. Estivo dirixido por Xosé María Barreiro e Cándido del Río Giménez. Defendía os intereses municipais do Val Miñor con fina sátira a aire xocoso. Estivo vencellado ao agrarismo. Tivo unha axencia correspondente en Buenos Aires, no número 703 da rúa de Belgrano.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Agencias de periódicos". Nova Galicia (en castelán) (Buenos Aires). 24-9-1911. p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Miñor, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Martínez Tamuxe, Xoán (2005). "Miñor, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 384, 416. ISBN 84-7492-489-8.