El Ideal Gallego (A Habana)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Ideal Gallego.
El Ideal Gallego | |
---|---|
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Ideal Gallego foi un semanario que se publicou na Habana en 1909.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Revista semanal. Órgano de las sociedades de instrucción. Defensor de los intereses de las mismas y de la colonia, apareceu o 3 de xullo de 1909, Estaba dirixido por Casimiro Fernández. Entre os seus colaboradores figurou Jesús Peynó Piñeiro. Publicou algúns textos en galego. O último número coñecido é o 5, aparecido o 31 de xullo dese ano.
Reapareceu no verán de 1910, publicándose polo menos dous números.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Galicia, 16-7-1910, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Ideal Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 216. ISBN 84-87172-30-X.