El Correo de Galicia (Ourense)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Correo de Galicia.
El Correo de Galicia | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Correo de Galicia foi un periódico editado en Ourense entre 1872 e 1874.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico democrático en consonancia coa súa orientación política republicana, apareceu o 20 de setembro de 1872. Saía os días 5, 10, 15, 20, 25 e 30 de cada mes. Estaba dirixido por Juan Manuel Paz Novoa, que en 1873, co número 30, foi substituído por Manuel de la Peña Rucabado. Editábase na imprenta de Paz. Cesou a súa publicación en novembro de 1874.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Diario de Santiago, 4-11-1874, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 92–94. ISBN 84-505-5721-6.