El Avia Ilustrado
El Avia Ilustrado | |
---|---|
Fundación | 1897 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ribadavia |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Avia Ilustrado foi un periódico editado en Ribadavia entre 1897 e 1900.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista semanal, apareceu o 5 de setembro de 1897. Veu substituír a El Obrero. Saía aos domingos. Fundado por Máximo Rodríguez Martínez, estaba dirixida por Máximo Tomé González. Entre os seus colaboradores figuraron Salvador Rueda, Sofía Casanova e Rafael Abellán. Tiña as seccións: "Ecos noticieros", "Ecos del mundo", "Historieta" e "Modas". Incluía fotografías e debuxos de paisaxes e obras de arte, e unha sección de humor e información cultural. Cesou a súa publicación co número 190, o 13 de febreiro de 1900.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Avia Ilustrado, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 129–130. ISBN 84-505-5721-6.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia.