Edward Vernon
Edward Vernon, nado en Londres o 12 de novembro de 1684 e finado en Suffolk o 30 de outubro de 1757, foi un oficial naval inglés. En vida chamárono Old Grog debido a súa chaqueta grogram (feita de seda mesturada con la e goma).
Carreira militar[editar | editar a fonte]
As súas primeiras accións de importancia aconteceron no marco da Guerra de Sucesión Española, onde participou nas batallas de Málaga (1704) e Barcelona (1705). En 1720 foi nomeado Comodoro de Port Royal (Xamaica).
En novembro de 1739, ao estalar a Guerra da Orella de Jenkins contra España, Vernon foi nomeado comandante en xefe de todas as forzas navais británicas nas Indias Occidentais. A súa primeira acción na guerra foi o saqueo e destrución de Portobelo, un porto panameño escasamente defendido que formaba parte da ruta que seguía a Frota de Indias. Este éxito foi enormemente esaxerado polos británicos, que se entregaron a todo tipo de celebracións e realizaron numerosas homenaxes a Vernon, a quen converteron nun heroe nacional. O propio rei Xurxo II de Gran Bretaña asistiu a unha cea celebrada no seu honor en 1740, durante a cal presentouse por primeira vez o actual himno nacional británico, God Save the King. Como parte destas celebracións creouse tamén a canción patriótica Rule Britannia e denomináronse dúas rúas (unha en Londres e a outra en Dublín) como Portobello Road.
Ataque a Cartaxena de Indias e encontro con Blas de Lezo[editar | editar a fonte]
En 1741 comandou quizais unha das maiores frotas da historia ata a frota aliada de Normandía de 1944 (formada por 186 naves e 23.600 homes,) que tiña como obxectivo tomar e destruír o porto español de Cartaxena de Indias, principal porto do Vicerreinado de Nova Granada. Sequera antes de tomar a cidade, Vernon enviou un correo ao rei inglés asegurando que lograra a vitoria, xerando unha euforia no seu país aínda maior que a do ano anterior. Pero para a súa desgraza, o que conseguiu en realidade foi a maior e máis humillante derrota de toda a historia da Royal Navy, pois perdeu 50 naves e 11.000 homes a mans dunha gornición composta por só 6 barcos e 3.000 defensores españois dirixidos polo Almirante español Don Blas de Lezo. Tras outros dous ataques errados en Santiago de Cuba e Panamá, Vernon foi substituído por Chaloner Ogle e viuse obrigado a volver a Inglaterra en 1742 para comunicar que a vitoria de Cartagena nunca existiu. Isto causou tal vergoña a Xurxo II que o propio Rei prohibiu escribir sobre iso aos seus historiadores.
Vernon foi relevado do seu cargo ese mesmo ano e expulsado da Mariña en 1746. Malia o seu profundo descrédito, á súa morte en 1757 decidiuse enterrar o seu corpo na Abadía de Westminster, como un heroe máis dos que alí repousan.
Relación con Washington[editar | editar a fonte]
Lawrence Washington, medio irmán do que sería primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, combateu en Cartaxena de Indias xunto a Vernon e por iso decidiu chamar Mount Vernon á plantación que tiña en Virxinia. Outro feito curioso é que o grog, bebida popular entre os mariñeiros, tamén recibiu o seu nome como homenaxe a Vernon, xa que foi el quen suxeriu diluír o ron con auga durante o asedio de Cartagena co fin de que durase máis.
Encontro co Catalán[editar | editar a fonte]
Un dato pouco coñecido, e silenciado polos ingleses, é o encontro ter por Vernon, ao mando do navío Mary, con Don Antonio Serrano, ao mando do navío Catalán, a unhas 600 millas ao oeste da Habana, entre os días 7 e 10 de xaneiro de 1721. Non lle debeu ir moi ben a Vernon, pois as súas biografías ocultan celosamente o suceso.[1][2][3]
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Original papers relating to the expedition to Carthagena, Cuba and Panama (1744)
- Admiral V----n's opinion upon the present state of the British navy (1744)
- A specimen of naked truth from a British sailor: a sincere wellwisher to the honour and prosperity of the present royal family and his country (1746)
- Seasonable advice from an honest sailor to whom it might have concerned, for the service of the C---n and C-----y (1746)
- Original letters to an honest sailor (1748)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Martínez y Guanter, Antonio Luis. «Análisis del combate naval entre el navío español Catalán y el británico Mary», Revista General de Marina, Madrid, novembro de 2007, pp. 647–652.
- ↑ "Pinturas navales. El navío catalán combate contra el navío británico Mary".
- ↑ Biografía de don Rodrigo de Torres — todoababor.es; Historia del navío de línea Catalán — todoababor.es
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edward Vernon |