Eduardo Brea Cajide
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Besexos, España |
Morte | 26 de xaneiro de 1937 (33/34 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Eduardo Brea Cajide, nado en Besexos (Vila de Cruces) en 1903 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Carbia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Primo López Rivadulla, Antonio Gómez López e Manuel Sarmiento Debén.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Igrexas, Manuel: "Os fusilados de Vila de Cruces" (29/8/2012) en Historias de Deza.