Saltar ao contido

Eduard Mörike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduard Mörike

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Eduard Friedrich Mörike Editar o valor em Wikidata
8 de setembro de 1804 Editar o valor em Wikidata
Ludwigsburg Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1875 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Stuttgart Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPragfriedhof Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Württemberg Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTübinger Stift (en) Traducir (1822–1826)
Eberhard-Ludwigs-Gymnasium (en) Traducir
Evangelical Seminaries of Maulbronn and Blaubeuren (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ludwigsburg
Stuttgart Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , profesor universitario , debuxante , narrador , párroco , escritor , tradutor , pastor luterano Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo e Swabian poet school (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisCarl Friedrich Mörike (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Charlotte Mörike Editar o valor em Wikidata
IrmánsAugust Mörike (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2567669 BNE: XX1043769 Musicbrainz: e6dc6bd4-2b8a-4f49-aa91-b3650f9737a3 Discogs: 581287 IMSLP: Category:Mörike,_Eduard Find a Grave: 7369008 Editar o valor em Wikidata

Eduard Friedrich Mörike, nado en Ludwigsburg o 8 de setembro do 1804 e finado en Stuttgart o 4 de xuño do 1875, foi un pastor luterano, poeta e novelista alemán.[1][2] Moitos dos seus poemas foron interpretados musicalmente, converténdose en cancións populares, e outros foron integrados en composicións sinfónicas de músicos coma Hugo Wolf ou Ignaz Lachner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mörike naceu en Ludwigsburg, fillo do médico Karl Friedrich Mörike e Charlotte Bayer. Tras o pasamento do pai en 1817, viviu en Stuttgart co seu tío Eberhard Friedrich Georgii, quen desexaba que se convertese en crego. Xa que logo, Mörike entrou no seminario evanxélico de Urach, a pesar de ter malas notas e suspender o exame de admisión.[3] Alí, Mörike estudou os clásicos, que xa se converteran nunha influencia fundamental na súa escrita, e coñeceu a Wilhelm Hartlaub e Wilhelm Waiblinger. Entre o 1818 e o 1822, estudou teoloxía no seminario de Tubinga, onde trabou amizade con Ludwig Bauer, David Friedrich Strauss e Friedrich Theodor Vischer.[2] Con Bauer, inventou o mundo de fantasía de Orplid, que aparecería no seu poema Gesang Weylas (Du bist Orplid) ("A canción de Weylas (Ti es Orplid)", 1831).[4]

Mörike chegou a ser pastor luterano e, no 1834, foi nomeado vicario de Cleversulzbach, preto de Weinsberg. No 1843, viviu medio ano con Hartlaub, que era pastor na vila de Wermutshausen, no sur de Alemaña. Na actualidade, un museo local, situado na casa que habitou, conmemora a súa visita.

Mörike retirouse moi novo por motivos de saúde e, no 1851, comezou a traballar como profesor de literatura alemá no Katharinenstift de Stuttgart. Mantivo o posto até que se retirou no 1866, e continuou a vivir en Stuttgart até o seu falecemento.

Obra[editar | editar a fonte]

A casa de Mörike en Lorch (Württemberg)

Mörike pertenceu á chamada escola de escritores de Suabia, creada arredor da figura de Ludwig Uhland. Os seus Gedichte ("Poemas", 1838) son principalmente líricos, aínda que tamén empregan o humor, e posúen un estilo sinxelo propio do alemán cotián.[5] A súa balada Schön Rotraut fíxose moi popular.[2]

A súa primeira publicación foi a novela Maler Nolten ("Nolten, o pintor", 1832), un imaxinativo relato sobre a vida dun artista, co que acadou moita sona. A súa novela curta Mozart auf der Reise nach Prag ("Mozart de camiño a Praga", 1856), unha cómica análise dos problemas dos artistas nun mundo que non valora a arte, é considerada o seu maior logro literario.[2][6] Tamén escribiu a obra de corte fantástico Idylle von Bodensee, oder Fischer Martin un die Glockendiebe (1846), o conto de fadas Das Stuttgarter Hutzelmännlein (1855) e Klassische Blumenlese ("Colleita de flores clásicas", 1840), unha escolma de himnos, odas e elexías grecolatinas.[5] Tamén traduciu a Anacreonte e Teócrito ao alemán.[7] O seu Gesammelte Schriften ("Obras reunidas") foron publicadas postumamente no 1878, en catro volumes.[5]

Mörike aos vinte anos (1824)

O seu traballo foi moi aprezado por Ludwig Wittgenstein, quen llo recomendou a Bertrand Russell, comparándoo con Goethe.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eduard Friedrich Mörike - Romanticism, Lyric Poetry, Swabian Poet - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-23. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Hartmann, Jacob Wittmer (1920). "Mörike, Eduard". Encyclopedia Americana. 
  3. Strunk, Reiner (2004). Eduard Mörike: Pfarrer und Poet (en alemán). Calwer. ISBN 978-3-7668-3876-6. 
  4. Mayer, Birgit (1987). Eduard Mörike (en alemán). J.B. Metzler. ISBN 978-3-476-10237-9. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Mörike, Eduard Friedrich". Volume 18. 
  6. "Mörike, Eduard". 
  7. The American Cyclopædia. 
  8. Rorty, Amélie Oksenberg (2004-08-19). The Many Faces of Philosophy: Reflections from Plato to Arendt (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-517655-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]