Ecos de Vigo
Ecos de Vigo | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ecos de Vigo foi un semanario editado en Vigo entre 1911 e 1912.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Revista semanal ilustrada, apareceu o 25 de novembro de 1911. Semanario literario dirixido por Avelino Rodríguez Elías que publicou nel relatos costumistas como "Tipos gallegos", "Cousas da miña terra", "Cousas que pasan" e "Cousas da miña aldea", moitas veces co pseudónimo de Xan de Ningures. Publicou 22 números cesando a finais de abril de 1912.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Ecos de Vigo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ecos de Vigo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.