Darrell Walker
Darrell Walker | |
---|---|
Posición | Base / Escolta |
Dorsal | 4, 5, 20 |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 82 kg (180 lb) |
Nacemento | 9 de marzo de 1961 (63 anos) Chicago, Illinois |
Carreira | |
Instituto | Corliss (Chicago, Illinois) |
Universidade | Arkansas – Fort Smith (1979–1980) Arkansas (1980–1983) |
NBA Draft | 1983 / Rolda: 1 / Elección: 12 Por New York Knicks |
Tempadas | 1983–1993 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 6 389 (8,9 pp) |
Asistencias | 3 276 (4,6 pp) |
Roubos | 1 090 (1,5 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
|
Darrell Walker, nado o 9 de marzo de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense, que adestra á Universidade de Arkansas en Little Rock. Con 1,93 m de altura, xogaba nas posicións de base e escolta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogador[editar | editar a fonte]
Tras formarse no baloncesto universitario no Westark Community College (agora Universidade de Arkansas–Fort Smith) e na Universidade de Arkansas, Walker foi seleccionado polos New York Knicks na 12ª posición do Draft da NBA de 1983. Durante a súa etapa de dez tempadas na NBA, xogou para cinco equipos: os Knicks, os Denver Nuggets, os Washington Bullets, os Detroit Pistons, e os Chicago Bulls.
Na súa tempada coma rookie, Walker foi elixido para o primeiro equipo All-Rookie NBA de 1984, e durante a súa etapa na liga foi un dos líderes en asistencias e roubos de balón. A súa mellor tempada foi a 1989–90 cos Washington Bullets, tras facer 9.5 puntos e 8.0 asistencias por encontro. Na súa derradeira tempada na liga, gañou o título da NBA cos Chicago Bulls.
Adestrador[editar | editar a fonte]
Walker foi adestrador principal en dous equipos, os Toronto Raptors e os Washington Wizards. Foi o segundo adestrador da historia dos Raptors, tras Brendan Malone, equipo ó que adestrou durante unha tempada e media. No ano 2000, substituíu o despedido Gar Heard en Washington, onde estivo media tempada, ata que á tempada seguinte foi substituído por Leonard Hamilton.
En marzo de 2012, Walker converteuse en adestrador asistente dos New York Knicks, onde estivo ata 2014.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alex Raskin (17 de marzo de 2012). "Knicks interim coach Mike Woodson adds Darrell Walker, Jim Todd to staff". NJcom (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas de Darrell Walker como xogador Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas de Darrell Walker como adestrador Arquivado 26 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1961
- Nados en Chicago, Illinois
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Bases de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Washington Bullets
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Adestradores da NBA
- Adestradores asistentes dos Toronto Raptors
- Adestradores dos Toronto Raptors
- Adestradores dos Washington Wizards
- Adestradores asistentes dos New Orleans Hornets
- Adestradores asistentes dos Detroit Pistons
- Adestradores asistentes dos New York Knicks