Criminal (libro)
- Este artigo é sobre a novela de Xurxo Borrazás. Para outros significados, véxase crime
Criminal | |
---|---|
Autor/a | Xurxo Borrazás |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Medusa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Sotelo Blanco |
Data de pub. | 1994 |
Páxinas | 184 |
ISBN | ISBN 978847824218X |
[ editar datos en Wikidata ] |
Criminal é unha novela publicada por Xurxo Borrazás en 1994. Recibiu o Premio da Crítica Española no ano 1994 e o Premio Arcebispo San Clemente en 1995.
Trama[editar | editar a fonte]
Chucho Monteiro volve á súa aldea, na parroquia de Lendo (A Laracha), no lugar de Riba e pídelle ó seu irmán que lle deixe vivir coa súa familia. Desde diferentes puntos de vista, e con moitas regresións temporais, vai narrando os asasinatos cometidos por Chucho, e analizando a súa situación persoal, as súas teimas e as súas circunstancias.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Xesús Monteiro Silva, alias Chucho.
- Daniel Monteiro Silva, irmán de Chucho.
- Dolores Serantes Lema, Lola, dona de Daniel.
- Daniel, o fillo de Lola.
- Moino, o can.
- O vello Monteiro, pai de Chucho e Daniel, tamén chamado Chucho.
- Carme, abusada por Chucho na xuventude.
- Moncho de Elvira, ou Monchiño, de 36 anos, gago.
- Marcial, cura da freguesía.
- Faustino, monago da igrexa de San Cristovo de Riba.
- Matías, de Zarauzt e traballando en Southampton.
- Manuel de Andrade, emigrante en Southampton.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Ao inglés por Carys Evans-Corrales como Vicious publicado en 2015 por Small Station Press, Small Stations Fiction[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Criminal Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine., na BiTraGa.