Cortes de Castela e León
As Cortes de Castela e León (en castelán: Cortes de Castilla y León) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela e León. Os seus membros chámanse procuradores e o seu cometido é o de representar aos cidadáns casteláns e leoneses. Son elixidos por sufraxio universal, libre, directo e segredo. A súa sede está situada na Praza das Cortes de Castela e León, 1, Valladolid.
Historia[editar | editar a fonte]
En 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Castela e León, constitúense como órgano lexislativo, sendo elixido de xeito democrático. Inicialmente a sede era o castelo de Fuensaldaña.
Composición[editar | editar a fonte]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O número de Procuradores electos para a X Lexislatura é de 81. A distribución é a seguinte:
Eleccións 2019 | ||
Partido | Escanos | Dif. |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 35 | +10 |
Partido Popular (PP) | 29 | -13 |
Ciudadanos (C's) | 13 | +8 |
Podemos | 2 | -8 |
VOX | 1 | +1 |
Unión del Pueblo Leonés (UPL) | 1 | = |
Por Ávila (XAV) | 1 | +1 |
- Por provincias:
Competencias[editar | editar a fonte]
As Cortes son as encargadas de elixir o Presidente da Comunidade Autónoma de entre os seus membros. O Presidente exerce o poder executivo e nomea o Goberno da Xunta.
As atribucións das Cortes segundo o Estatuto de Autonomía son, entre outras:
- Exercer o poder lexislativo da Comunidade.
- O control do Goberno da Xunta e do seu Presidente.
- A aprobación dos Orzamentos.
- A elección do Presidente da Xunta.
- Designar aos Senadores que son elixidos de forma indirecta correspondentes á Comunidade.
- Impoñer e recadar tributos.
Sede[editar | editar a fonte]
Ata a VI lexislatura (2003-2007), tiveron a súa sede provisional no Castelo de Fuensaldaña, en Fuensaldaña, nas inmediacións de Valladolid. Co arranque da VII lexislatura entra en funcionamento a nova e definitiva sede das Cortes na cidade de Valladolid, obra do arquitecto granadino Ramón Fernández Alonso e executada polos arquitectos valisoletanos Leopoldo Cortejoso García e Juan Antonio Coronado Sierra e situada no complexo Villa del Prado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cortes de Castela e León |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cortes de Castela e León Arquivado 12 de decembro de 1998 en Wayback Machine. (en castelán)