Este artigo forma parte do Wikiproxecto Dereitos humanos, un proxecto para organizar esforzos para ampliar, crear, mellorar e traducir os artigos relacionados cos dereitos humanos. Se desexas participar, podes seguir a ligazón ao proxecto.
Non é un texto enciclopédico, semella unha defensa da tolerancia, algo que queda fóra dunha enciclopedia que debe recoller datos, ademais de valoracións e críticas referenciadas--RNC 14:38, 1 xullo 2009 (UTC)
Pois tes razón. A maior parte do artigo representa opinións (aínda que sobre este tema é difícil describir feitos), sen referencia e, mesmo, cunha redacción en primeira persoa que non acae nunha enciclopedia ("É unha ferramenta, un arma, unha xoia que podemos posuír e acrecentar", "No noso mundo interior, terá que reinar a Tolerancia cero cos nosos vicios, a nosa ignorancia, a nosa covardía, as nosas supersticións, o noso egoísmo, o noso divorcio do espírito de verdade"). Pedro --Lameiro(conversa) 20:18, 1 xullo 2009 (UTC)