Conversa:Oliveira
Referencias as oliveiras galegas[editar a fonte]
Cómpre engadir referencias ás oliveiras galegas, é dicir a existencia até a idade moderna do cultivo da oliveira para aceite e olivas en todo o sur de Galicia, que despois forn mandadas talar polos Reis Católicos para fomentar a produción de aceite noutras zonas da península. Non atopo referencias, pero é por iso que o norte de Portugal, co mesmo clima e agricultura, ten oliveiras e Galicia só as mantén nas igrexas (e hoxe en xardinaría). A toponimia e a onomástica de Galcia deixan clara a existencia desta especie: San Mateu de Oliveira, etc... —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversa • contribucións) 07:16, 7 de xuño de 2012
- A EGU di: "En Galicia é frecuente en moitos lugares, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, xa que se cultivou para a obtención de aceite. Ademais de polo seu froito, a oliveira ten interese pola súa madeira, moi apreciada na fabricación de mobles e de utensilios diversos, e polas súas follas con propiedades medicinais. Existe unha variedade silvestre, a oliveira brava (O. europaea var." [1] --. HombreDHojalata.conversa 07:45, 7 de xuño de 2012 (UTC)
- E a GEG:
- ...se cultiva na metade sur de Galicia e que aparece de forma silvestre no extremo leste da provincia de Ourense e no sueste da lucense.
- Conforme ó censo agrario de 1999, na comunidade galega a superficie total dedicada a esta árbore non supera as 23 hectáreas. A maior parte destes cultivos leñosos localízase sobre todo en Lugo, concretamente no concello de Quiroga, e, en menor medida, en Ourense, nas zonas de Valdeorras, Verín e Vilardevós... Ademais, en Galicia tamén crecen exemplares monumentais, tales como a oliveira de Vigo (Pontevedra) e as do pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra, A Coruña).
- E, amais diso, trae tamén un parágrafo de "Na cultura popular galega...".
- Se o queres para traballar, mándoche por correo o artigo. --. HombreDHojalata.conversa 16:57, 7 de xuño de 2012 (UTC)
- E a GEG:
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Oliveira. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120615132200/http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/arbores_senlleiras/listaxe/ á ligazón http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/arbores_senlleiras/listaxe/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 09:47 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Oliveira. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20101013232911/http://blogs.lavozdegalicia.es/globalgalicia/2009/04/01/galicia-andalucia-y-el-olivo/ á ligazón http://blogs.lavozdegalicia.es/globalgalicia/2009/04/01/galicia-andalucia-y-el-olivo/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de xullo de 2019 ás 11:30 (UTC)