Conversa:Diego Armando Maradona
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Diego Armando Maradona. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080430141149/http://www.diegomaradona.com/ á ligazón http://www.diegomaradona.com/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2018 ás 08:07 (UTC)
Ascendencia galega[editar a fonte]
- la. Non vexo claramente acreditada a ascendencia galega de Maradona. Que haxa unha coincidencia no apelido e que se empregue como fonte un blog de xenealoxía con múltiples erratas e, de novo, sen referencias, coido, que non é fonte suficientemente acreditada. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 28 de novembro de 2020 ás 10:35 (UTC)
- Estamos a basear a orixe galega nun libro autoeditado (Punto Rojo) e que non realizou un historiador e non hai ningunha proba que Maradona descenda desa persoa. Hai que borrar ese dato, outra cousa é que apelido poda ser galego; aínda que en Italia din que descende dun Madonna que na Arxentina mudou en Madona e logo en Maradona pero de novo son especulacións.--HacheDous=0 (conversa) 28 de novembro de 2020 ás 12:27 (UTC)
- Retiro contido non acreditado. Fálase da posible orixe do apelido "Maradona"; non da relación familiar. A autora que aparece na referencia, no mesmo 2004, estudou a etimoloxía do apelido e non a xenealoxía de Diego A. Maradona. Pódese ver aquí. Semella máis unha curiosidade ca outra cousa. De tódolos xeitos, poderíase refacer en caso de aportar referencias máis exactas. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 28 de novembro de 2020 ás 18:17 (UTC)