Conversa:Castelo de Santo Antón
Este artigo foi elixido como un artigo bo o día 21 de setembro de 2016, o que significa que cumpre cos requisitos pertinentes. ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Construción[editar a fonte]
Di o artigo que en 1528 se elixiu a illa para construír o castelo, que Filipe II autorizou a construción e que as obras comezaron en 1587. ¿Sesenta anos entre a decisión e a primeira pedra? Pode ser, claro, pero semella raro. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 23:38 (UTC)
- Lameiro, revisei as fontes que hai en Internete e iso é o que poñen. O único que comentan é que durante todo o século estiveron pedindo que se fixera o castelo. Primeiro fíxose unha batería de terra en 1582 pero que só daba para control contra da baía e do contrabando, e que ata o 1587 non se levou a cabo a construción "real" do castelo (mira este documento na páxina 23). As cousas xa ían lentamente por aquí xa daquela :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)