Conversa:Biblia Kennicott
Este artigo foi elixido como un artigo de calidade o día 29 de xaneiro de 2018, o que significa que foi considerado como un dos mellores traballos da Galipedia cumprindo os requisitos pertinentes ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Dixitalización da biblia[editar a fonte]
Piquito, a biblia de Kennicott pode visualizarse nesta ligazón completamente dixitalizada, cando poidas, engade iso nas ligazóns externas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 10:13 (UTC)
- Feito! Piquito (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 23:24 (UTC)
- Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 23:29 (UTC)
Nos últimos anos[editar a fonte]
Piquito, atopei un sitio, non sei se hai máis, no que se usa a expresión "nos últimos anos", esta construción non se debe usar porque esa información está indefinida e posiblemente "nuns anos" ;) quedará obsoleta. Habería que indicar a data na que se comezou esa reivindicación achegando a referencia axeitada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 09:29 (UTC)
- Creo que pode dicirse que está feito, mudei a expresión "nos últimos anos" por "na década de 2010"... xa sei que non rematou a década e que non é moi concreto, pero non dei coa data na que comezou a reclamarse o regreso do libro á cidade da Coruña, as novas de prensa son de 2015, pero pode que as reclamacións sexan anteriores, así que optei por poñer a data. Piquito (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 21:33 (UTC)
- Eu creo que pode poñerse que as reclamacións veñen dende o 2015, esa é a información que temos, se no futuro aparece máis información ó respecto, achégase e listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 21:59 (UTC)
- Feito! Aínda que a min persoalmente a solución non me gusta, en 2015 falouse do tema na visita de Pollak, pode supoñerse que as reclamacións son anteriores a esa data, pero queda así. Un saúdo, Piquito (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 22:48 (UTC)
- Eu creo que pode poñerse que as reclamacións veñen dende o 2015, esa é a información que temos, se no futuro aparece máis información ó respecto, achégase e listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 21:59 (UTC)
Dúbida[editar a fonte]
- O manuscrito foi redactado na cidade da Coruña polo calígrafo Moisés Ibn Zabarah e iluminada... Refírese á Biblia, mais está falando do manuscrito, debería ser "iluminado"? Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 10:38 (UTC) Si, amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 11:22 (UTC)
- cando Isaac de Braga puidera tela visto Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 10:47 (UTC)
- fixo que Isaac de Braga tivera - tivese? Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 10:49 (UTC)
- especiais espazos en branco - espazos en branco especiais?
- mutuos agasallos que ambos se fan mutuamente Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 11:04 (UTC)
- en Característcas - puido ter sido realizado - puido ser realizado? Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 12:13 (UTC)
- The Jews in llie Rcnaissance - The Jews in llie Renaissance?Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 12:30 (UTC)
- Museo Xudío de Nova York - Xudeu?Unhanova (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 12:34 (UTC) (Antes das seccións)
- Comentario Unhanova, por favor, podes indicar a sección e o parágrafo dentro da mesma para poder solucionalo máis rápido? Graciñas, Piquito (conversa) 5 de decembro de 2017 ás 11:34 (UTC)
- Feito! Unhanova, creo que xa está solucionado todo o que sinalabas. Os "especiais espazos en branco" viría a ser como "tiña espazo suficiente e non tivo que deixar especiais espazos en branco", como que non tivo que deixar moitos espazos en branco, creo que non está mal. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 22:22 (UTC)
Maiúsculas en biblia[editar a fonte]
Unha dúbida, a palabra biblia ten que ir en maiúsculas en "Biblia Kennicott"? E en Biblia hebrea? Pregunto porque hai sitios que está con maiúsculas e outros con minúsculas. Voulle preguntar a Isili0n que controla do tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 09:45 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Biblia Kennicott. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20170518072107/http://galicia100.consellodacultura.gal/catalogo/ á ligazón http://galicia100.consellodacultura.gal/catalogo/
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20170515213814/http://galicia100.consellodacultura.gal/ á ligazón http://galicia100.consellodacultura.gal/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 10:20 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Biblia Kennicott. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20131016214803/http://bodleian.thejewishmuseum.org/?page_id=155 á ligazón http://bodleian.thejewishmuseum.org/?page_id=155
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2018 ás 07:06 (UTC)