Convento de Baltar
Convento de Baltar | |
---|---|
Vista do convento e a capela | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Convento, Pazo |
Localización | Baltar (O Val, Narón) |
Coordenadas | 43°34′08″N 8°12′47″O / 43.56879, -8.21302Coordenadas: 43°34′08″N 8°12′47″O / 43.56879, -8.21302 |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Arquitectura | |
Construción | Século XVI |
[ editar datos en Wikidata ] |
O convento de Baltar é un edificio de carácter relixioso situado no lugar de Baltar, na parroquia do Val (concello de Narón).
Historia[editar | editar a fonte]
Foi construído como pazo no século XVI pola última marquesa de Lago-San Sadurniño, María de la Natividad Quindós y Villaroel, Duquesa de la Conquista e Condesa de Cumbres Altas. Por desexo de seu o lugar pasou a ser convento cando o cedeu aos frades claretianos. Da súa construción orixinal só quedan dous grandes brasóns en cantería. A reconstrución data de 1914 con grandes fiestras cadradas, a balconada e os canzorros nos tellados.
Desde a súa reconstrución a comezos do século XX a casa pasou de misión para promoción da fe na zona nos primeiros cincuenta anos, a colexio internacional nos seguintes 50, polo que pasaron preto de 200 sacerdotes. Tamén deu acubillo como albergue dun seminario de adolescentes misioneiros[1].
No edificio hai unha Capela do Sagrado Corazón cun retablo preciosista e a fonte de estilo barroco.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodríguez, P. Juan Carlos (5/1/2011). "Centenario de los Misioneros Claretianos en Baltar". La Voz de Galicia.