Consuelo Alba Digón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 (136/137 anos) Cervantes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Fillos | Abelardo Gutiérrez Alba, Domitila Gutiérrez Alba, Florinda Gutiérrez Alba, Jovino Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba |
Consuelo Alba Digón, nada en Vilarello (Cervantes) en 1887, foi unha guerrilleira antifascista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu home Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado. Consuelo sufriu requisas. Foi detida por primeira vez en 1939 pola busca dos seus fillos, Abelardo e Jovino, militantes da CNT, que marcharan combater a Asturias logo de producirse o golpe. A presión á que foi sometida fixo que se acabase botando ao monte, uníndose á partida do seu fillo Abelardo, igual que as súas fillas Florinda e Domitila Gutiérrez Alba. Foi detida en novembro de 1939 e ingresou no Campo de concentración de Figueres. En 1945 foi procesada cos seus fillos Abelardo, Jovino e Domitila no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentara.[1] Logo dunha breve estadía en Barcelona co seu fillo Baldomero, exiliouse en Francia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 6-7-1945, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 82–83. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Consuelo Alba Digón na páxina web Nomes e Voces.