Saltar ao contido

Coccinella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coccinella é o xénero máis común de maruxiñas. Os élitros da maioría das especies son vermellos ou laranxa avermellado con manchas negras. O xénero encóntrase no hemisferio norte, con numerosas especies en Eurasia e só 11 especies nativas de Norteamérica. O nome refírese á súa cor vermella ou escarlata, do latín coccineus.

Os adultos e as larvas aliméntanse principalmente de áfidos. Algunhas especies, como C. septempunctata utilízanse como controis biolóxicos.

Larva de Coccinella hieroglyphica

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]