Manuel Gestoso Costas
Chicha | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Gestoso Costas | ||
Lugar de nacemento | Bouzas | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Rápido de Bouzas | |||
1924–1930 | Celta de Vigo | ||
Selección nacional | |||
1923 | Galicia | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Gestoso Costas, máis coñecido como Chicha, nado en Bouzas, Vigo en 1902, e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1983, foi un futbolista e armador de pesca galego.
Xogaba na demarcación de dianteiro e era irmán do tamén futbolista do Celta de Vigo Antonio, ao que se coñeceu como Chicha II.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fichou polo recentemente creado Celta de Vigo, froito da fusión do Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, en 1924 procedente do Rápido de Bouzas.
Comezou a despuntar xa na súa primeira tempada no club celeste, destacando un encontro amigábel ante o Sporting de Gijón que remataría con vitoria viguesa por 8-1, con tres goles de Chicha e catro de Ramón Polo. Ese primeiro ano o club gañaría o seu primeiro trofeo, o Campionato de Galicia de fútbol. Ao longo da súa carreira no Celta gañaría este trofeo catro veces (1924, 1925, 1926 e 1930).
O 30 de decembro de 1928 tivo tamén a honra de participar e anotar no encontro de inauguración do Estadio Municipal de Balaídos ante o Real Unión de Irún, que rematou con vitoria celeste por 7-0.[1]
Finalmente retiraríase do fútbol profesional ao remate da tempada 1929/30, primeira do fútbol profesional moderno e na que o Celta se viu encadrado na Segunda División, pese aos bos resultados que lle daban dereito a facelo na máxima categoría. Entre estes méritos están o subcampionato da Copa do Rei acadado no ano 1908 polo Vigo Foot-ball Club, antecesor do Real Vigo Sporting Club.
1930 rematou non só co non ascenso a Primeira División senón co descenso a Terceira.
Unha vez retirado do fútbol converteuse en armador de buques de pesca en Bouzas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Stadium de Balaídos. Partido de inauguración". El Compostelano (en castelán). 31 de decembro de 1928. p. 2. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Txema Ereaga (2 de decembro de 2012). "Chicha I: Un delantero como un barco de grande". Fame Celeste (en castelán).