Cheché Vidal
Cheché Vidal | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan José Vidal Noya | ||
Nacemento | 29 de maio de 1959 | ||
Lugar de nacemento | Venezuela | ||
Posición | Defensas | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Deportivo Italia | |||
Selección nacional | |||
Venezuela | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan José Vidal Noya, coñecido como Cheché Vidal, nado en Vigo o 29 de maio de 1959, é un exfutbolista, enxeñeiro mecánico e empresario venezolano, de orixe galega.
É neto do xornalista e futbolista galego Xoán Noya e fillo do exfutbolista internacional Douglas Vidal.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixes[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia vencellada ao fútbol polas dúas ramas. Por parte paterna é fillo do futbolista internacional con Venezuela Douglas Vidal, mentres que súa nai Violeta era filla de Xoán Noya, que fora futbolista en Galicia, e irmá de Luis Noya e Rodolfo Noya, tamén futbolistas.
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Xogaba de lateral dereito e triunfou no Deportivo Italia, na Primeira División de Venezuela, sendo elixido Mellor Futbolista de Venezuela en 1979 e Mellor Deportista de Venezuela ao ano seguinte. Entre 1981 e 1983 xogou no equipo da Universidade de Boston, onde estaba estudando. Foi elixido no terceiro mellor equipo dos Estados Unidos en 1981, e mellor xogador do equipo e da Greater Boston League.[1] Perdeu a tempada 1982 por unha lesión de xeonllo, e tras a súa volta non conseguiu recuperar o seu nivel.[2] Con todo, foi elixido mellor xogador universitario do país en 1983. En 1997 foi incluído no Salón da Fama da Universidade de Boston.[2]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Coa selección de Venezuela obtivo a medalla de prata nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de Medellín de 1978. Formou parte da selección na Copa América de 1979, e competiu nos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe da Habana en 1983.
Carreira tecnolóxica[editar | editar a fonte]
Licenciado co título de enxeñeiro na Universidade de Boston, foi vicepresidente de tecnoloxía e membro do Comité de Dirección do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 1994 nos Estados Unidos. Ao final do Mundial, creou e desenvolveu o sitio web FIFA.com, recoñecido historicamente como o primeiro portal oficial dunha federación deportiva en Internet.[3] Para iso, fundou a súa propia empresa nos Ánxeles, California. Ademais de FIFA.com, creou os servizos en liña da Conmebol, CONCACAF, CAF, USSF, e varias outras federacións de fútbol, e tamén as de clubs como o Manchester United e o FC Barcelona, e de grandes eventos deportivos mundiais como os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, o Mundial de Francia 1998, o Mundial de Rugby 1999 ou a Eurocopa 1996.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "All-America Awards". nscaa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006. Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Hall of Fame". goterriers.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ "FIFA goes on-line on the Internet". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ "Currículum de Cheché Vidal". fair-competition.org (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cheché Vidal: Pionero cibernético - El Universal.
- Perfil en Transfermarkt.