Charles Chaput
Charles Joseph Chaput, nado en Concordia (Kansas) o 26 de setembro de 1944, é un bispo católico latino estadounidense, de orixes franco-canadenses e potawomi. Dende 2011 é o arcebispo metropolitano de Filadelfia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Charles Chaput naceu en Concordia, Kansas, un dos tres fillos que tiveron Joseph e Marian Helen (de apelido de solteira DeMarais) Chaput. O seu pai era un franco-canadense descendente de Lois IX de Francia, e a súa nai era unha nativa potawomi. Graduouse en Psicoloxía pola Universidade Católica de América en 1969.
O 14 de xullo de 1968 fixo a profesión solemne na Orde dos Freires Menores Capuchinos, e o 29 de agosto de 1970 foi ordenado sacerdote polo bispo de Salina Cyril John Vogel.
O 11 de abril de 1988 foi nomeado bispo de Rapid City. Recibiu a consagración episcopal o 26 de xullo, de mans do nuncio nos Estados Unidos, Pio Laghi.
O 18 de marzo de 1997 foi nomeado arcebispo metropolitano de Denver. O 19 de xullo de 2011 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Filadelfia.