Centro Jaguar Land Rover de Gaydon
Coordenadas: 52°11′30″N 1°29′17″O / 52.1916519, -1.4879194
O Centro Jaguar Land Rover de Gaydon é un dos principais centros de I+D da fabricante de pezas e modelos de automoción inglés Jaguar - Land Rover, emprazado en Gaydon (Warwickshire, Inglaterra). Nel lévanse a cabo proxectos de asistencia avanzada á condución, ADAS ou Infotainment e control de vehículos entre outros.
Contiguo ao centro de JLR está o Museo Británico do Automóbil.
Ampliacións en 2017[editar | editar a fonte]
O 10 de marzo de 2017, Jaguar Land Rover Automotive anunciou unha ampliación do seu centro de Gaydon por valor de 200 millóns de libras.
A ampliación corre a cargo do do estudo de arquitectura Bennetts Associates e a compañía construtora Laing O’Rourke. O concepto propón un campus de traballo para os enxeñeiros e dous centros de deseño.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Centro Jaguar Land Rover de Gaydon Arquivado 01 de maio de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Success and failure in the UK car manufacturing industry. Parliament: House of Commons: Trade and Industry Committee. 2006-2007
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|