Celso Lorenzo Villa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 O Rosal, España |
Morte | 29 de setembro de 2002 (85/86 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , contrabandista |
Lingua | Lingua castelá |
Celso Lorenzo Villa, nado no Rosal cara a 1916 e finado o 29 de setembro de 2002, foi un militar e contrabandista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aviador militar, combateu na guerra civil española no bando republicano, foi sarxento e alcanzou o grao de tenente o 7 de agosto de 1937.[1] Detido en 1939, foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 30 anos de reclusión. Cumpriu condena na Prisión Central de Totana (Murcia), de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1941.[2]
Instalou unha ferretería en Tabagón,[3] e dedicouse ao contrabando.[4] Entre 1959 e 1962 foi presidente do Real Club Celta de Vigo, contando na directiva co tamén contrabandista Vicente Otero Pérez "Terito".[5] En 1968, estando en paradoiro descoñecido, foi condenado ao pago dunha multa de 405 080 pesetas por contrabando de tabaco.[6] En 1984 reclamou que se lle recoñecese o seu rango como militar do exército do aire, mais a solicitude foille denegada.[7] Finou o 29 de setembro de 2002.[8][9]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1949 con Eulalia García Cortijo, filla de Julio García Díaz, comandante do posto da Garda Civil de Cambados.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 24-8-1937, p. 454.
- ↑ BOE, 12-6-1941, p. 5218
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-12-1951, p. 7.
- ↑ Carretero, N. (2015): Fariña. Libros del K.O., páx. 35.
- ↑ Gallego Arzuaga, F. (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 356.
- ↑ Boletín Oficial del Estado, 29 de abril de 1968.
- ↑ "Cuando el Celta estaba indirectamente patrocinado por Marlboro" Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine., Vigo Empresa, 5 de agosto de 2017 (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia, 30-9-2002, p. 29
- ↑ "Justo reparto de puntos entre Celta y Málaga"[Ligazón morta], Diario de Avisos, 30 de setembro de 2002 (en castelán).
- ↑ El Ideal Gallego, 10-6-1949, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Expediente personal del recluso Celso Lorenzo Villa. Prisión Provincial de Murcia