Castro das Merelas
Aparencia
Coordenadas: 43°09′23″N 8°06′40″O / 43.15629, -8.11112
Castro das Merelas | |
---|---|
Parroquia | Fisteus |
Concello | Curtis |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
País | Galiza |
Id. catálogo | GA15032089 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza | |
Castros de Galiza |
Castro das Merelas é un poboado castrexo de chaira fortificado situado na parroquia de Fisteus, no concello de Curtis.[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
O castro está situado nunha pequena elevación do terreo ao pé dun terraplén natural. Ten unha orientación no eixe leste-oeste. A croa ten forma case circular duns 75 metros de diámetro. O antecastro está ao oeste, ten unhas medidas de 45 metros de leste a oeste e uns 60 m de norte a sur. O castro está moi alterado por traballos no agro e pola ampliación dun prado que corta a zona entre o castro e o antecastro.
O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Vista do antecastro das Merelas, Curtis.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ PXOM de Curtis, xuño de 2007 ficha 79