Castelo Branco
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Castelo Branco | |||
Capital | Castelo Branco | |||
Contén a división administrativa | Alcains Almaceda (pt) Benquerenças (pt) Castelo Branco Cebolais de Cima e Retaxo (pt) Escalos de Baixo e Mata (pt) Escalos de Cima e Lousa (pt) Freixial e Juncal do Campo (pt) Lardosa (pt) Louriçal do Campo (pt) Malpica do Tejo (pt) Monforte da Beira (pt) Ninho do Açor e Sobral do Campo (pt) Póvoa de Rio de Moinhos e Cafede (pt) Salgueiro do Campo (pt) Santo André das Tojeiras (pt) Sarzedas (pt) São Vicente da Beira (pt) Tinalhas (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 56.109 (2011) (39,01 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.438,16 km² | |||
Altitude | 319 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1213 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2023–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 6000 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | cm-castelobranco.pt |
Castelo Branco é unha cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes
Administración[editar | editar a fonte]
Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte co concello do Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.
Forma parte da rexión Centro e da subrexión da Beira Interior Sur. É a capital do distrito de Castelo Branco, que contaba con 208.069 habitantes en 2001.
O distrito de Castelo Branco corresponde aproximadamente á antiga provincia da Beira Baixa.
Subdivisións administrativas[editar | editar a fonte]
As freguesías de Castelo Branco son as seguintes:
Historia[editar | editar a fonte]
En 1213 recibiu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.
O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aquí se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.
No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.
En 1771 é elevada á categoría de cidade polo rei Xosé I, á par que o papa Clemente XIV crea a diocese de Castelo Branco que viría a ser extinta en 1881.
O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.
A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.
Economía[editar | editar a fonte]
A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañía Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
O xardín do Pazo Episcopal (1725), o castelo dos templarios e o Museo Francisco Tavares Proença Júnior, localizado no antigo Pazo Episcopal, rico en pezas arqueolóxicas, tapizarías, numismática e pintura quiñentista portuguesa.
Eventos[editar | editar a fonte]
- Do 6 de xaneiro ao 30 de agosto - a Feira Franca
- Do 4 de outubro ao 18 de decembro - a Feira do Gado Suíno
Quince días despois do Domingo de Pascua festéxase a Feira da Señora de Mércules. Parte da tradición é tamén a Procesión dos Pasos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo Branco |