Carrusel (novela)
Carrusel | |
---|---|
Autor/a | Berta Dávila |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa (nº 401) |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 9 de outubro de 2019 |
Formato | Rústica con lapelas |
Páxinas | 128 |
ISBN | 978-84-9151-404-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Carrusel é unha novela en lingua galega escrita por Berta Dávila e publicada por Editorial Galaxia en 2019. Nese mesmo ano gañou o XXXI Premio García Barros de novela, outorgado polo concello da Estrada[1]. A revista dixital Fervenzas literarias, especializada en literatura galega, nomeouna a mellor novela galega do ano 2019[2].
Narración[editar | editar a fonte]
A novela está escrita en primeira persoa. Destaca polo lirismo da súa linguaxe, a honestidade e sinxeleza con que trata aspectos como a enfermidade mental, as reflexións metanarrativas ou o uso de metáforas matemáticas. Destaca tamén pola penetración psicolóxica coa que a protagonista describe a súa personalidade e a dos seus familiares, en especial do tío Carlos, que ten a mesma doenza mental que a protagonista.
Como xa sucedera en O derradeiro libro de Emma Olsen, a anterior novela da autora, son numerosas as referencias á música pop. De feito, unha das primeiras fontes de inspiración para a novela foi a canción "The Circle Game", de Joni Mitchell.
Traducións[editar | editar a fonte]
A novela publicouse tamén en castelán, na editorial Barrett, en versión da propia autora[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Berta Dávila gaña o premio García Barros". Concello da Estrada. Arquivado dende o orixinal o 06/08/2019. Consultado o 22/01/2020.
- ↑ "Os mellores libros do 2019". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 24/01/2020. Consultado o 24/01/2020.
- ↑ "Ficha da novela na editorial Barrett". Arquivado dende o orixinal o 27/02/2021. Consultado o 13/08/2021.