Carolina García Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1999 (24 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Carolina García Otero, nada en Pontevedra o 23 de novembro de 1999, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 2023 conseguiu a medalla de bronce no Campionato Mundial celebrado en Duisburgo, na proba de K4 500 metros, na que competiu xunto a Sara Ouzande, Estefanía Fernández e a tamén pontevedresa Teresa Portela. Con este resultado logrou tamén a clasificación para os seus primeiros Xogos Olímpicos.[1][2]
Palmarés internacional[editar | editar a fonte]
Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2023 | Duisburgo | Bronce | K4 500 m |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La leyenda de Teresa Portela abarca el infinito" (en castelán). 26 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Llácer, Daniel (31 de agosto de 2023). "Rumbo a París a golpe de remo". Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos da piragüista no sitio web da Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).