Carmen Blanco Ramos
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carmen Blanco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1957 (67 anos) Vilar de Céltigos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora , filóloga |
Lingua | Lingua galega |
Carmen Blanco Ramos, nada en Vilar de Céltigos (Grixoa, Santa Comba) o 2 de xuño de 1957, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viviu desde 1968 en Madrid, onde se formou académica e culturalmente. Estudou filoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Os inicios literarios producíronse cos contos publicados no suplemento cultural “O espello” de A Freita. Revista da lingua e da cultura galega de Asturias. Porén, é coñecida pola súa novela A golpe de dor publicada pola editorial 3C3.
Publicou varios relatos e artigos de crítica literaria en Madrygal. Revista de estudios gallegos, A Freita e Grial. En 2001 regresou a Galicia. Reside en Vilar de Céltigos.
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- A golpe de dor, 2002, 3C3 Editores.
Ensaio[editar | editar a fonte]
Participación en libros colectivos[editar | editar a fonte]
- Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000)
- Ex toto corde. No oitenta aniversario de don Xesús Alonso Montero (2009)
- Pontevedra Literaria (2007; edición)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Acuña, Ana (2007). Madrigalegas ou escritoras galegas en Madrid: Tres tempos e a esperanza. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península (28 ó 31 de maio de 2003). Helena González Fernández e María Xesús Lama López (coords.). Barcelona. pp. 19–31.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carmen Blanco Ramos Arquivado 27 de novembro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.
- Carmen Blanco Ramos na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.[Ligazón morta]