Carlos Delfino
Axente libre | |
Posición | Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 29 de agosto de 1982 (41 anos) Santa Fe |
Nacionalidade | Arxentina |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
Pre-draft club | Fortituto Bologna (Italia) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 1998 |
Historial de equipos | |
Olimpia (1998–1999) Arx. Unión de Santa Fe (1999–2000) Arx. Reggio Calabria (2000–2002) LEGA Skipper Bologna (2002–2004) LEGA Detroit Pistons (2004–2007) Toronto Raptors (2007-2008) Khimki Moscova (2008-2009) БC Milwaukee Bucks (2009-2012) Houston Rockets (2012-2013) Milwaukee Bucks (2013-2014) | |
Información en nba.com |
Carlos Francisco Delfino, nado o 29 de agosto de 1982 en Santa Fe, Arxentina, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre. Foi unha das figuras da selección arxentina que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e a medalla de Bronce en Pequín 2008. Mide 1,98 metros e pesa 104,3 quilogramos.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido vixésimo quinto na primeira rolda do draft da NBA por Detroit Pistons no Draft de 2003. É o único xogador arxentino da historia que foi elixido nesta rolda. Na tempada 2007-08 da NBA xogou para os Toronto Raptors, onde cumpriu a súa mellor campaña na NBA no seu rol de sexto home. Na tempada 2008-09 marchou a Europa a xogar no Khimki BC da Superliga rusa onde se converteu nun dos xogadores mellor pagados de Europa.
O 18 de agosto de 2009, os Raptors asinaron e traspasaron a Delfino ós Milwaukee Bucks xunto a Roko Ukić, a cambio de Amir Johnson e Sonny Weems.[1]
O 20 de agosto de 2012, Delfino asinou un contrato cos Houston Rockets.[2]
O 17 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Milwaukee Bucks.[3]
Selección Arxentina[editar | editar a fonte]
Debutou na selección o 13 de xullo de 2004 contra Paraguai no Suramericano de Campos do Brasil. As súas presenzas internacionais en seleccións foron no Suramericano de Cadetes de 1997 e 1998, Suramericano Xuvenil do 2000, Panamericano Sub 21 de 2000, Mundial Sub 21 de 2001, Suramericano 2004, Xogos Olímpicos de 2004, Torneo Preolímpico de 2007 e Xogos Olímpicos de 2008.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "BUCKS COMPLETE TRADE WITH RAPTORS". NBA.com. 18 de agosto de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2009.
- ↑ "Rockets Sign Carlos Delfino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012.
- ↑ Bucks Sign Free Agent Guard-Forward Carlos Delfino
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina de Carlos Delfino en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Carlos Delfino Arquivado 28 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos da Arxentina
- Nados en 1982
- Xogadores do Fortitudo Bologna
- Xogadores do BC Khimki
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Houston Rockets
- Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons
- Alas de baloncesto
- Nados na provincia de Santa Fe
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina
- Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina
- Medallistas olímpicos en baloncesto