CIFP Porta da Auga
Aparencia
Coordenadas: 43°32′11″N 7°03′10″O / 43.536332, -7.0529098
CIFT Porta da Auga | |
---|---|
Enderezo | |
Avenida de Luarca s/n , Ribadeo | |
Datas | |
Creación | 2005 |
Educación | |
Ensinanzas | Formación Profesional |
Xestión | |
Tipo | Público |
Xunta de Galicia | |
Director | Beatriz Dobaño Torrón |
Vicedirector | Jesús Menéndez Menéndez |
Xefe de estudos | Antonio Anca Pena |
Secretario | Rafael Fernández Reiriz |
Na rede | |
edu.xunta.gal/centros/cifpportadaauga/ |
O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga é un centro de ensino de formación profesional de Ribadeo segregado do IES Porta da Auga no ano 2005 a raíz dun cambio normativo que esixía que os CIFP tiveran só ensinanzas de FP. Neste centro impartense clases de Administración e Xestión, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Electricidade e Electrónica, Edificación e Obra Civil e Transporte e Mantemento dos Vehículos.[1]
Oferta educativa[editar | editar a fonte]
A oferta educativa comprende os seguintes ciclos formativos:
- Administración e Xestión
- Servizos socioculturais e á comunidade: Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil e Ciclo Formativo de Grao Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
- Electricidade e electrónica: Ciclo Formativo de Grao Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas.
- Edificación e obra civil: Ciclo Formativo de Grao Medio en Obras de interior, decoración e rehabilitación
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "El CIFP Porta da Auga, único de A Mariña donde acreditar competencias.". Consultado o 21 de outubro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- CIFP Porta da Auga (en galego)