Saltar ao contido

César Campuzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaCésar Campuzano
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1970 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata

Teodoro César Campuzano Sanz, nado en Redondela en 1905 e finado en Buenos Aires en xullo de 1970, foi un boxeador galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam, na categoría de peso medio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Redondela, onde seu pai, Nicolás Campuzano, rexentaba o cine Cinema Artístico.[1] Sendo neno, emigrou con súa nai á Arxentina,[2] onde comezou a practicar boxeo. Tras retornar a Galicia, en 1928 proclamouse campión de España afeccionado e debutou como profesional contra Recio, campión de Valencia e Andalucía.[2][3]

Acudiu aos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam, onde particopu na categoría de peso medio, perdendo aos puntos no seu primeiro combate contra o estadounidense Harry Henderson.[4] Disputou varios combates en Galicia, enfrontándose entre outros ao campión de Castela, Emilio Martínez.[5][6] En 1929 foi proclamado campión galego do peso medio e en 1930 enfrontouse ao valenciano Vicente Lorenzo polo título nacional dos pesos medios, caendo derrotado.[7][8][9]

En novembro de 1930 regresou á Arxentina, onde continuou a súa carreira como boxeador e onde rexentou unha fábrica de camisas.[2][10] Faleceu aos 64 anos de idade, sendo soterrado no cemiterio Chacarita de Buenos Aires.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "En el Cinema Artístico". El Pueblo Gallego (en castelán) (1246). 14 de febreiro de 1928. p. 14. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gómez Cundíns, Pablo (7 de xuño de 2021). "El boxeador gallego Enmanuel Reyes, baza para la medalla de oro en los Juegos Olímpicos de Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  3. "HISTORIA DE LOS CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE BOXEO AFICIONADO" (en castelán). 5 de xullo de 2016. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  4. "Boxeo nos Xogos Olímpicos de 1928". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  5. "Boxeo". El Correo de Galicia (en castelán). 9 de decembro de 1928. p. 7. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  6. "Porriño". El Correo de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 1929. p. 14. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  7. "Nota de la Federación Española de Boxeo". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de setembro de 1929. p. 3. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  8. "Boxeo olímpico valenciano" (en castelán). 28 de abril de 2016. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  9. "Campuzano a la vista". El Pueblo Gallego (1943). 22 de xuño de 1930. p. 3. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  10. "Boxeo". El Pueblo Gallego (2006). 7 de setembro de 1930. p. 3. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  11. "Flash deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 1970. p. 14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]