Brian Epstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrian Epstein

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Liverpool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesuicidio, sobredose Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLiverpool Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1957)
Clayesmore School (en) Traducir
Wrekin College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , produtor , emprendedor , representante artístico , Intendente , axente de talentos , produtor musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPop rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoParlophone Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbrianepstein.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0258432 Rottentomatoes: celebrity/brian_epstein
Musicbrainz: 0ba4cc10-2563-446a-8fb7-9c9521f16ede Discogs: 298528 Allmusic: mn0002295496 WikiTree: Epstein-239 Find a Grave: 2679 Editar o valor em Wikidata

Brian Samuel Epstein, nado en Manchester, (Inglaterra) o 19 de setembro de 1934 e finado en Londres o 27 de agosto de 1967, foi un home de negocios británico, coñecido principalmente polo seu rol como representante do grupo The Beatles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia de Epstein posuía unha tenda de mobles en Liverpool (onde a familia de Paul McCartney comprara un piano). Brian comezou os estudos na Royal Academy of Dramatic Art (RADA) en Londres, onde tivo compañeiros como os actores Susannah York ou Peter O'Toole, pero ao abandonalos tralo terceiro curso, o seu pai deixouno a cargo do departamento de música da tenda recentemente inaugurada North East Music Stores (NEMS), na rúa Great Charlotte. Posteriormente unha segunda tenda foi aberta na rúa Whitechapel, e Epstein foi asignado responsable de devandita operación. O 3 de agosto de 1961 Epstein comezou unha colaboración regular cunha columna musical na revista Mersey Beat.

Representante de The Beatles[editar | editar a fonte]

A versión aceptada maioritariamente sobre o seu primeiro encontro co grupo musical que axudou a converter en estrelas, indica que Epstein viu por primeira vez o nome de The Beatles no cartel dun concerto, e pensou que o nome soaba "parvo". Cando despois unha serie de clientes comezaron a preguntar polo sinxelo que gravaran con Tony Sheridan en Alemaña, e non sendo capaz de atopalo a través de ningún dos seus contactos habituais nas compañías discográficas, decidiu ir preguntarlle directamente á banda. Epstein e o seu empregado Alistair Taylor acudiron a velos actuar ao abarrotado pub Cavern Club o 9 de novembro de 1961, que estaba na rúa á volta da tenda; admitíuselle no local directamente, sen necesidade de facer cola, e a súa chegada foi anunciada a través dos altofalantes do local. Epstein recorda a actuación do grupo esa noite: "Quedei impresionado de xeito inmediato pola súa música, o seu ritmo e o seu sentido do humor sobre o escenario. E ata máis tarde cando os coñecín tamén quedei impresionado polo seu carisma persoal. E foi nese mesmo instante onde todo comezou..." (Tamén recoñeceu aos membros do grupo como clientes habituais da tenda, onde pasaban o tempo entre os espectáculos ollando discos).

Esta historia citada pode ser ficticia: Bill Harry (por entón editor da revista Mersey Beat) asegurou que foi el quen persoalmente presentou a Epstein e Lennon. Aínda que esta versión está igualmente sen verificar, débese ter en conta que Harry convencera a Epstein para distribuír a recentemente nada revista na súa tenda de discos, e esas revistas realmente promocionaban aos Beatles, amigos de Harry.

Nunha reunión o 10 de decembro de 1961 decidiuse que Epstein se convertese no director da banda, e os membros asinaron un contrato de cinco anos con el en casa de Pete Best o 24 de xaneiro de 1962. Epstein nunca asinou o contrato, dando así a opción aos Beatles de romper a relación en calquera momento. Así mesmo, contactou co seu director anterior, Allan Williams, para confirmar que non lle quedaba ningún vínculo con eles. Williams confirmouno, pero tamén advertiu a Epstein de "non manexalos cun remo de lancha".

Aínda que ata entón non se lle coñecía por decisións e tratos de negocio especialmente exitosos, Epstein converteuse nunha das principais forzas detrás da promoción e éxito inicial do grupo. Cando Epstein se fíxo cargo da banda, os seus compoñentes levaban vaqueros e chaquetas de coiro, e as súas actuacións eran basicamente desordenados concertos de Rock and roll. O convenceunos para que levasen traxe sobre o escenario e para que suavizasen as súas actuacións. Tamén lles pediu que non fumasen nin comesen sobre o escenario, e alentoulles para que executasen a súa famosa inclinación sincronizada ao finalizar os seus concertos. Aínda que estes cambios non duraron demasiado, a imaxe limpa e decente que proxectaba o grupo (coa única excepción dos seus peiteados tipo "casco") axudou de xeito determinante na aceptación da banda por parte do público.

Tras ser rexeitados por todas e cada unha das principais discográficas de Inglaterra, Epstein finalmente conseguiu que a banda asinase polo pequeno selo Parlophone da discográfica EMI. Epstein acudiu á tenda local HMV para transferir unha cinta demo dos Beatles a vinilo. A un técnico de HMV, Jim Foy, gustoulle a gravación e remitiu a Epstein con George Martin, produtor na Parlophone. Martin accedeu a coñecer o grupo e planificou unha audición. Todos os Beatles pasaron a proba, excepto o batería Pete Best, ao que Martin decidiu substituír nas gravacións por un músico de estudo. John Lennon, Paul McCartney e George Harrison pediron a Epstein que despedise inmediatamente a Pete, e Ringo Starr tomou o seu lugar na formación.

Algunhas fontes atribúen o interese de Epstein polos Beatles, a sentimentos deste por John Lennon, pero Lennon posteriormente desmentiu este punto; unha ficción sobre a relación aparece detallada na película "The Hours and Times".

En outubro de 1964, a autobiografía de Epstein, "A Cellarful of Noise" (Un Faiado de Ruído), foi publicada, coescrita con quen posteriormente traballaría como publicista dos Beatles, o xornalista Derek Taylor.

Ademais da os Beatles, Epstein tamén manexou os destinos doutros artistas como, Gerry & The Pacemakers, Billy J. Kramer & The Dakotas, The Fourmost e Cilla Black.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]