Saltar ao contido

Blaise Matuidi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBlaise Matuidi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso70 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2004-2007 Troyes AC 67(4)
2007-2011 AS Saint-Étienne 132(3)
2011-2017 Paris Saint-Germain 203(23)
2017-2020 Juventus FC 98(6)
2020-2021 Club Internacional de Fútbol Miami (pt) Traducir 47(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2004-2005   selección de fútbol sub-18 de Francia 9(0)
2006-2007   France national under-19 association football team (en) Traducir 9(0)
2006-2009   Francia sub-21 25(0)
2010-2019   Francia 84(9) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Eliminatórias da Copa do Mundo FIFA de 2018 - Europa (pt) Traducir
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webblaise-matuidi.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: MATUIDIBlaise Instagram: blaisematuidiofficiel FIFA: 358014 UEFA: 103546 Editar o valor em Wikidata

Blaise Matuidi (AFI: [blɛz ma.tɥi.di]), nado en Tolosa (Alta Garona, Mediodía-Pireneos) o 9 de abril de 1987, é un futbolista internacional francés que xoga como centrocampista para o Inter de Miami da Major League Soccer (MLS). Desempéñase no campo como centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Tolosa, no departamento da Alta Garona, Matuidi é descendente de pai angolano e nai franco-angolana.[1] A pesar de nacer no sur de Francia, criouse xunto cos seus catro irmáns no suburbio parisiense de Fontenay-sous-Bois.[1] Na capital francesa viuse atraído cara ao fútbol vendo xogar o principal equipo da cidade, o Paris Saint-Germain. Debido a isto, converteuse nun admirador do exdianteiro do PSG Jay-Jay Okocha.[2] Comezou a súa carreira futbolística á idade de seis anos xogando para o club da súa cidade natal o Fontenay-sous-Bois.[3] Despois de cinco anos no Fontenay, uniuse ao CO Vincennois nas proximidades de Vincennes, onde foi compañeiro de Yacine Brahimi durante un ano. En 1999, Matuidi foi cualificado como un dos mellores xogadores da rexión da Illa de Francia e posteriormente foi seleccionado para asistir á academia de Clairefontaine, onde se forma durante tres tempadas. Alí xoga durante a semana, mentres que ao mesmo tempo xogaba para o Vincennes as fins de semana.

En 2001, deixou ao Vincennes para asinar co club semiprofesional Union Sportive Créteil-Lusitanos; Pasou catro anos na canteira do club converténdose rapidamente nun dos xogadores máis buscados do club. A pesar de recibir unha oferta interesante dos nese momento bicampións de Francia, o Olympique Lyonnais, decide asinar en 2004 co Troyes AC.[3]

París Saint-Germain[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo de 2011, o club francés Paris Saint-Germain, confirmou que Matuidi asinara un contrato por tres anos substituíndo ao retirado Claude Makélélé.[4] A taxa do traspaso non foi revelada, mais estímase que foi por volta dos 7,5 millóns de euros máis incentivos futuros.[5] Matuidi foi presentado aos medios de comunicación o mesmo día xunto ao seu compatriota e compañeiro de equipo Jérémy Ménez e fóiselle asignado o dorsal número 14. Matuidi fixo o seu debut na liga o 6 de agosto de 2011 onde o PSG caeu 0-1 contra o Lorient.

Títulos[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Ligue 1 Paris Saint-Germain Francia 2013
Supercopa Paris Saint-Germain Francia 2013
Copa da Liga Paris Saint-Germain Francia 2014
Ligue 1 Paris Saint-Germain Francia 2014
Supercopa Paris Saint-Germain Francia 2014

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 corrieredellosport.it, ed. (2 de maio de 2009). "Matuidi, mediano scudo della difesa" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  2. maxifoot.fr, ed. (16 de abril de 2010). "PSG : quand Okocha régalait Matuidi" (en francés). 
  3. 3,0 3,1 Le Parisien, ed. (15 de xaneiro de 2006). "Matuidi a tout d'un grand" (en francés). 
  4. L'Equipe, ed. (25 de xullo do 2011). "Matuidi et Menez au PSG" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  5. "Matuidi et Ménez s'engagent avec le PSG" (en francés). 25 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]