Bernardo Fernández Requeixo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Romariz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua galega |
Bernardo Fernández Requeixo, nado en Romariz (Abadín) cara a 1953, é un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante da UPG. Foi elixido Secretario xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas no I Congreso celebrado o 29 de abril de 1977 en Sigueiro.[1] Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba Bernardo Fernández e Francisco García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo.[2] Integrouse na CXTG da que foi secretario comarcal de Santiago en 1989.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 1-5-1979. p. 19.
- ↑ Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego
- ↑ La Voz de Galicia, 18-2-1989. p. 24.