Beatriz de Sicilia (emperatriz latina)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1252 Nápoles |
Morte | 1275 (22/23 anos) Andria (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Filipe de Courtenay (1273 (Gregoriano)–) |
Fillos | Catarina de Courtenay |
Pais | Carlos de Anjou e Beatriz, Condessa da Provença (pt) |
Irmáns | Isabel da Sicília (pt) , Blanche of Anjou (en) , Carlos II de Anjou e Filipe da Sicília (pt) |
Beatriz de Sicilia, nada en 1252 e finada entre o 17 de novembro e o 12 de decembro de 1275, foi a emperatriz consorte de Filipe de Courtenay, emperador titular latino de Constantinopla.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi filla de Carlos I de Sicilia e Beatriz da Provenza. Tamén foi a irmá máis vella de Carlos II de Nápoles.
Os seus avós paternos foron Lois IX de Francia e Branca de Castela. Os seus avós maternos foron Ramón Berenguer IV da Provenza e Beatriz de Savoia.
Matrimonio[editar | editar a fonte]
Baixo o tratado de Viterbo (27 de maio de 1267), Balduíno II de Courtenay transferiu gran parte dos seus dereitos sobre o Imperio latino a Carlos I. Carlos ía confirmar no seu poder Corfú e algunhas cidades de Albania[1]. Tamén tivo o dominio sobre o Principado de Acaia e a soberanía das illas do Exeo, con excepción daquelas en poder de Venecia e Lesbos, Quíos, Samos, e Amorgos.
O mesmo tratado organizou o matrimonio de Filipe de Courtenay, herdeiro do Imperio latino, e Beatriz, a segunda filla de Carlos. Se o matrimonio non tiña fillos, os dereitos de Filipe serían herdados por Carlos I. Beatriz tiña aproximadamente quince anos de idade no momento do seu compromiso[1].
O 15 de outubro de 1273, Beatriz e Filipe casaron en Foggia. A noiva tiña vinte e un anos de idade e o noivo trinta. O seu sogro morreu días despois. Filipe foi proclamado emperador con Beatriz como a súa emperatriz. A súa única filla coñecida, Catarina de Courtenay, naceu o 25 de novembro de 1274.
Beatriz morreu a finais de 1275. O seu marido sobreviviuna por oito anos, pero nunca volveu a casar.