Barreiro, Antas de Ulla
Barreiro | |
---|---|
Igrexa parroquial de Barreiro. | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°48′32″N 7°55′26″O / 42.80880332, -7.92384836Coordenadas: 42°48′32″N 7°55′26″O / 42.80880332, -7.92384836 |
Poboación | 29 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cibrao de Barreiro é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 43 habitantes (21 mulleres e 22 homes), 24 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está situada ao norte do concello. Foi unha das primeiras parroquias na que se levou a cabo a concentración parcelaria.[cando?]
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo Barreiro probablemente se deba á existencia dun terreo abundante en arxila ou do cal se extraía o barro para a construción.[2]
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A igrexa de San Cibrao de Barreiro é un edificio de grandes dimensións, con planta rectangular moi desproporcionada entre o ancho e o longo. Nos laterais da nave hai dous arcosolios de medio punto baleiros, que albergaron os retablos laterais do século XVIII, hoxe desaparecidos.
Festas[editar | editar a fonte]
Celebra as súas festas patronais na honra de San Cibrao.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Vista do acceso á Igrexa
-
Brasón na Casa Grande
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Barreiro[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Barreiro no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Barreiro | A Laxe | Medeiro | Paredes | A Pedrouza | A Ponte Mercé |
Parroquias de Antas de Ulla[editar | editar a fonte]