Balaitus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°50′20″N 0°17′25″O / 42.838923, -0.290149

O Balaitus visto desde o oeste

O Balaitus (Balaïtous en francés, Pico Os Moros en aragonés, Vathleitosa en occitano) é un macizo granítico dos Pireneos, situado na fronteira entre España e Francia, que marca o comezo polo Oeste dos Altos Pireneos. O pico Balaitus (de 3 144 metros de altura) é o primeiro dos Pireneos que excede os 3 000 m desde a costa atlántica. Parece que o seu nome provén do occitano gascón "vath" (val) e "leitosa".

Sitúase entre o español Val de Tena (Sallent de Gállego) e o francés Val d'Azun.