Aurora (Vilalba)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aurora.
Aurora | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vilalba |
Lingua | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aurora foi unha revista editada en Vilalba de 1918 a 1920.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista informativa-literaria, apareceu o 15 de decembro de 1918. Posteriormente cambiou o seu subtítulo por Idearium de la Juventud Gallega e a partir do número 14 por Revista de literatura, arte e información. Revista mensual de tendencia rexionalista, aparecía o día 15. Estaba dirixida por José Novo Pardo e despois por Antonio García Penabad, e o redactor xefe era Gustavo Ramudo Lamas. Ángel Fraga Orosa foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Ramón Cabanillas, Antonio Rey Soto, Antonio Noriega Varela, Xosé Lesta Meis e Leandro Carré Alvarellos. O último número coñecido é o 14, aparecido o 15 de marzo de 1920.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Aurora". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Aurora na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.