Atol Farquhar
Atol Farquhar | |
---|---|
Datos | |
País | Seychelles |
Illa principal | Île du Nord |
Linguas | |
Poboación (2009) | |
Superficie | 7´5 km² |
Superficie lagoa | 150 km² |
Nº de illas | 9 |
Coordenadas | 10°10′00″S 51°08′00″L / -10.16667, -51.13333 |
Maior Altura | |
Localización | |
O Atol Farquhar é parte do Grupo Farquhar nas Seychelles. De 1965 á independencia das Seychelles en 1976, foron parte do Territorio Británico do Océano Índico. A área total dos atois, incluída a gran lagoa, é de 170´5 km². A superficie terrestre é de 7´5 km².
Farquhar destácase polas súas grandes dunas de area, algunhas das cales chegan a máis de dez metros de altura. O atol atópase a uns 770 km de Mahé e é a parte máis meridional das illas Seychelles. Foi descuberto en 1501 polo navegante portugués, Joan de Novoa.
O principal grupo de illas describen unha longa curva no lado leste do atol. As máis grandes son Île du Nord e a Île du Sud, coas illas menores do Manaha entre elas. Máis ao sur están as Goelettes. Para o lado oeste do atol atópase o pequeno grupo coñecido como Trois Îles. O atol consta de:
- Île du Nord.
- Île du Sud.
- Manaha Îles.
- Manaha Nord.
- Manaha Milieu.
- Manaha Sud.
- Goelettes.
- Trois Îles.
- Lapin.
- Île de Milieu.
- Depose.
- Bancs de Sable.
Hai un pequeno asentamento na Île du Nord (Illa do Norte).