Atilano Franco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 Marín, España |
Morte | 1 de febreiro de 2009 (52/53 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Atilano Franco Parada, nado en Marín en 1956 e finado[1] na mesma vila o 1 de febreiro de 2009 foi un actor galego.
Despois de realizar distintos traballos na súa vida (mariñeiro de altura, peón etc.) tomou contacto na súa madurez co mundo do cine, para rodar tres filmes co mesmo director, Mario Iglesias. Faleceu de cancro[2].
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Catalina, 2006
- De bares, 2006
- Cartas italianas, 2008, como protagonista.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Morre aos 52 anos o actor marinense Atilano Franco", artigo no Diario de Pontevedra, 2 de febreiro de 2009.
- ↑ "Atilano", post no blog do xornalista Manuel Jabois, 3 de febreiro de 2009 (en castelán).