Arsenio Díaz del Río
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1876 Filipinas |
Morte | 15 de abril de 1953 (76 anos) |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Arsenio Víctor Díaz del Río Arias-Salgado, nado en Cative (Filipinas) o 19 de decembro de 1876 e finado en Ferrol o 15 de abril de 1953[1], foi un militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Filipinas onde estaba destinado o seu pai, o inspector xeral do Corpo de Infantaría de Mariña Víctor Díaz del Río de Castro. Tenente coronel de Infantaría de Mariña. Foi propietario e director da Academia San José de preparación para o ingreso nas academias militares. Cando estala a sublevación do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Logrou fuxir a Francia. Regresou a Ferrol en 1939 e volveu traballar na academia. O 27 de setembro de 1947 foi nomeado alcalde de Ferrol. Permaneceu no posto até o 20 de marzo de 1950.
Predecesor: Eduardo Ballester Peris |
Alcalde de Ferrol 1947 - 1950 |
Sucesor: José Manuel Alcántara Rocafort |