Aristón de Esparta
Nome orixinal | (grc) Ἀρίστων |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. Esparta, Grecia |
Morte | década de 510 a. C. |
Reis de Esparta | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Familia | |
Familia | Euripóntidas |
Fillos | Demarato (pt) |
Pai | Agásicles (pt) |
Aristón (en grego Ἀρίστων Aristón ) foi rei de Esparta (-560 ata o -510). Era o décimo cuarto dos euripontidas. Fillo de Agasicles e contemporáneo de Anaxandridas II.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Subiu ao trono arredor do -560 e reinou durante cincuenta anos e á súa morte foi recoñecido como un bo rei. Casou tres veces, pero as dúas primeiras mulleres eran estériles e a xente fíxolle rogativas para que tivese un fillo. Da terceira muller tivo a Demarato, aínda que xurdiron dúbidas sobre quen era o pai[1].