Arcadio González Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vilariño de Conso |
Alcalde de Vilariño de Conso | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Arcadio González Rodríguez, nado en Vilariño de Conso, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Profesor de Instituto en Ourense. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Vilariño de Conso nas eleccións municipais de 1999 e 2003 e foi elixido concelleiro, formando parte da oposición. Nas eleccións municipais de 2007 volveu encabezala candidatura socialista e foi elixido alcalde de Vilariño de Conso grazas a un pacto de goberno co BNG[1]. Por discrepancias cos seus socios de goberno, dimitiu como alcalde en xuño de 2009, recuperando a alcaldía o anterior rexedor do PPdeG Ventura Sierra Vázquez trala indisciplina dun concelleiro do BNG que non apoiou ó novo candidato do PSdeG[2][3].
Predecesor: Ventura Sierra Vázquez |
Alcalde de Vilariño de Conso 2007 - 2009 |
Sucesor: Ventura Sierra Vázquez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goberno para os socialistas
- ↑ "Ex-alcalde PP Vilariño de Conso arrebata alcaldía a PSOE por un voto del BNG". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 08 de outubro de 2011.
- ↑ El popular Ventura Sierra dirige Vilariño de Conso en minoría desde junio