Anxo Lorenzo Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | sociolingüista |
Lingua | Lingua galega |
Anxo Lorenzo Suárez, nado en Vigo en 1964, é un sociolingüista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Hispánica e doutor pola Universidade Autónoma de Barcelona. Foi profesor de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo desde 1992. Foi secretario da comisión de Normalización Lingüística en 2004 e coordinador da exposición itinerante As Nosas Palabras. En 2009 foi nomeado secretario xeral de Política Lingüística[1]. En 2012 foi nomeado secretario xeral de Cultura[2].
Predecesor: Marisol López Martínez |
Secretario Xeral de Política Lingüística 2009 - 2012 |
Sucesor: Valentín García Gómez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Feijoo nombra al profesor Anxo Lorenzo secretario xeral de Política Lingüística", artigo en La Voz de Galicia, 14 de maio de 2009.
- ↑ "Anxo Lorenzo é o novo secretario xeral de Cultura", artigo en Cultura Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anxo Lorenzo Suárez |