Antonio Heredero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | maio de 1918 Madrid, España |
Morte | 8 de novembro de 2008 (90 anos) Vigo, España |
Causa da morte | aneurisma da aorta (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | pintor , militar |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente coronel |
Antonio Heredero, nado en Madrid en maio de 1918 e finado en Vigo o 8 de novembro de 2008, foi un pintor galego.
Vida[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente ingresou no exército, onde comezou a carreira militar. Trasladouse a vivir a Galicia en 1950, e desde esa sempre viviu en Vigo. Pintor de acuarelas con motivos paisaxísticos, realizou a súa primeira exposición en Vigo en 1967. Retirouse co grao de tenente coronel.
Casado e con tres fillos, entre eles a tamén pintora Mariola Heredero, faleceu como consecuencia dun aneurisma de aorta[1]. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Premios[editar | editar a fonte]
- Medalla de ouro da Bienal de Pontevedra (1972 e 1975).
- Premio Ciudad de Puerto Rico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pesar por la muerte en Vigo del artista plástico Antonio Heredero Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 8/11/09
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web do pintorarquivado do orixinalArquivado 07 de novembro de 2012 en Wayback Machine. o 7 de novembro de 2012.