Anthony Polite
Río Breogán – No. 2 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1997 (26 anos) Lugano, Suíza |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 97 kg (214 lb) |
Posición | Ala |
Liga | ACB / Champions League |
Información da carreira | |
Instituto | Saint Andrew's (Florida) |
Universidade | Florida State (2017–2022) |
NBA Draft | 2022 / Rolda: Non drafteado |
Carreira | 2022−presente |
Historial de equipos | |
ASVEL (2022–2023) Hamburg Towers (2023) Río Breogán (2023−presente) |
Anthony Polite, nado o 21 de xuño de 1997 en Lugano, no cantón de Tesino, é un xogador de baloncesto profesional suízo. Formado na Universidade de Florida State, actualmente xoga no Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,98 m, ocupa a posición de ala.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anthony Polite naceu en Lugano, no cantón suízo de Tesino, onde o seu pai xogaba ao baloncesto profesionalmente.[3] Alí medrou xogando ao fútbol. Cando chegou á ideade para acudir á escola secundaria, trasládase aos Estados Unidos para asistir ao Saint Andrew's School de Boca Raton, Florida. Como alumno de último ano, Polite fixo unha media de 20 puntos e 11,7 rebotes por xogo, gañando o galardón a Xogador do Ano. Após finalizar o instituto, comprometeuse a xogar ao baloncesto universitario para Florida State rexeitando unha oferta de Miami (Florida). Polite utilizou un ano de redshirt na súa primeira temporada en Florida State debido a lesións nos xeonllos. Como estudante de primeiro ano, tivo unha media de 2,7 puntos por partido. Na segunda temporada fixo unha media de 5,8 puntos por encontro, conseguindo o 22 de marzo de 2021, anotou unha marca persoal de 22 puntos na vitoria de 71-53 sobre Colorado na segunda rolda do torneo da NCAA. Como estudante de terceiro ano, Polite fixo unnha media de 10,1 puntos e 4,5 rebotes por partido, cunha porcentaxe de acerto do 43,6% nos lanzamentos de tres puntos. O 5 de abril de 2022, Polite declarouse elixíbel para o draft da NBA de 2022, renunciando á súa elegibilidade universitaria restante.
Após non ser drafteado, o 13 de xullo de 2022 aina polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB Pro A e a Euroliga. Alí permanece sen moitos minutos de xogo até que o 14 de xaneiro asina polo Hamburg Towers da Basketball Bundesliga e a EuroCup. No equipo alemán destaca tanto na competición doméstica, con 13,2 puntos e 5,2 rebotes por partido, como na europea, con 15,6 puntos por xogo.[2] Tras finalizar a temporada asina polo Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.[1]
Clubs[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa carreira, Polite ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
- ASVEL (Pro A / Euroliga, 2022−2023)
- Hamburg Towers (BBL / EuroCup, 2023)
- Río Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Anthony Polite, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 20 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Anthony Polite, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2023.
- ↑ Tully, Jonathan (22 de marzo de 2021). "FSU's Anthony Polite hits career scoring high as Seminoles begin pulling away". Tallahassee Democrat.